• ACTUALIDADE
  • ARTISTAS DO BARBANZA
  • QUE VER?
  • O PORTILLO CRÍTICO
  • INTERCULTURAL
  • DESCARGA ARQUIVOS
  • CONTACTO

Arte Barbanza

~ Todo o arte das nosas localidades. Barbanza-Noia

Arte Barbanza

Archivos de etiqueta: Lucía Romaní

Boiro Cool Market 11,12 e 14 de Marzo en Boiro

09 Miércoles Mar 2016

Posted by artebarbanza in ACTIVIDADES E CURSOS, ACTUALIDADE, CURIOSIDADES, QUE VER?

≈ Deja un comentario

Etiquetas

2013, 2016, Boiro Cool Market, elia nuñez, Loli Regueira, Lucía Romaní, Malos retratos por 1 euro, María Magán, Marzo, Mercado Municipal

boirocoolmaket

 

O primeiro Boiro Cool Market realizarase os días 11,12 e 13 de marzo na sala multiusos do mercado de abastos de Boiro e acollerá moda e tendencias: 15 comerciantes locais con postos de venda nunha mesma zona de compras, concertos, degustacións, exposicións e moitas actividades. Para os mais peques o venres día 11 ás 19.00h con Anxo Moure « Imos vestir un conto», as 20.30h Sons de Boiro actuará con un tributo ao pop rock español e o domingo 13 pola maña contaremos con MALOS RETRATOS POR 1 EURO coas artistas María Magán, Elia Núñez, Loli Regueira e Lucía Romaní. Pasate polo mercado e entérate de toda a programación…

 

malosretratos

Anuncios

Imagen

Curso de Libro de Artista en La Doce, Boiro

08 Lunes Feb 2016

Etiquetas

Barbanza, Boiro, curso, La doce, libro de artista, Lucía Romaní, taller

librodeartista

Publicado por artebarbanza | Filed under ACTIVIDADES E CURSOS, ACTUALIDADE

≈ Deja un comentario

De esta y otras naturalezas por Lucía Romaní.

09 Jueves Jul 2015

Posted by artebarbanza in ACTUALIDADE

≈ Deja un comentario

Etiquetas

arte, Creadoras Barbanza, De esta y de otras naturalezas, dibujo, Lucía Romaní, pintura, Tenda Galería O Faiado de Ribeira

De esta y otras naturalezas

Lucía Romaní

“Lo más grande que hace un alma humana en este mundo es ver algo (…) Ver con claridad es poesía, profecía y religión, todo en uno. “

JOHN RUSKIN, (pintores modernos)

unnamed (1)

De esta y otras naturalezas nos sumerge en el fenómeno del mundo físico a través de la visión (ilusión), siempre presente, siempre cambiante. Desde el reino animal hasta elmundo vegetal, entre lo humano y lo cósmico. Un trabajo que se muestra en origen, estado embrionario, de una nueva observación.

La contemplación de la naturaleza, del cielo al suelo, y viceversa, implica ver más allá. Lo visible y lo invisible. De un modo u otro, situarse entre dos mundos (arriba-abajo): Oscuridad y luz. Desde la raíz –oculta– hasta la hoja –visible–, lo terrenal y lo celestial, lo mitológico y lo onírico convergen: Inframundo (más allá del horizonte), 2015.

Explorar –distintas formas de vida– es un proceso que requiere tiempo. Tiempo de observación, tiempo de análisis, tiempo de espera. De la flor y su forma al fruto y la suya existe un cambio (metamorfosis). Crecimiento y maduración, en definitiva evolución. La mirada se detiene en aquello que por extraño nos llama la atención, cataliza –fascinada– su objeto de estudio. Realidad y apariencia se alían en nuestra mente. Una aleación de espejismos que se traduce en: Universos (en miniatura), 2015. Naturalezas dobles, diversas. Transmutaciones que migran: Imaginaves (alquimias del paraíso), 2015. Un viaje iniciático que va de lo orgánico a lo mecánico, entre artificio y realidad.

Desde la belleza de las formas al juego de las sombras el grafito se convierte en límite que besa el color; gris que recorta la forma y a la vez dibuja paisajes, ensueña. En otros casos lo hace el papel, ocultando y desvelando delicadamente, rasgando la superficie. Un ejercicio manual minucioso donde el color, latente, inunda el espectro de la vida.

unnamed

unnamed (5)
unnamed (4)
unnamed (3)

De esta y otras naturalezas é unha exposición de Lucía Romaní que se atopa en mostras na Tenda Galería O Faiado de Ribeira. Xullo 2015.

Imagen

Exposición “De esta y otras naturalezas”, de Lucía Romaní en Tenda-Galería O Faiado de Ribeira

18 Jueves Jun 2015

Etiquetas

2015, De esta y de otras naturalezas, dibujo, exposiciones, Lucía Romaní, pintura, Ribeira, Tenda-Galería O faiado

O vindeiro sábado 27 de xuño inaugurase a exposición “De esta y otras naturalezas” de Lucía Romaní que recolle o traballo realizado pola artista entre os anos 2014-2015. O evento terá lugar ás 12.30 h. na Tenda-Galería “O Faiado”,( Rúa de Galicia, 82, Sta. Uxía de Ribeira, A Coruña.) A mostra permanecerá aberta ata o 24 de xullo. Contamos coa vosa presenza.

unnamed

Publicado por artebarbanza | Filed under ACTUALIDADE, CREADORAS BARBANZA, QUE VER?

≈ Deja un comentario

Obradoiro de Libro de Artista. Arte e creación con Lucía Romaní.

10 Viernes Abr 2015

Posted by artebarbanza in ACTIVIDADES E CURSOS, ACTUALIDADE

≈ Deja un comentario

Etiquetas

libro de artista, Lucía Romaní, obradoiro, Ribeira, taller

11079514_854235377945493_4253159092152217034_o

“DE FIBRA SENSITIVA”. Creadoras Barbanza. A exposición.

28 Lunes Jul 2014

Posted by Pilar Ageitos in ACTUALIDADE, CREADORAS BARBANZA, O PORTILLO CRÍTICO

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Ainara Valle, Carla Riande, Creadoras Barbanza, De fibra sensitiva, elia nuñez, Encarna Pego, Loli Regueira, Lucía Romaní, Maralla, María Magán, María Regueira, Mónica Rivas, Paulova, pilar ageitos, Rebeca Saray, Ribeira, Tenda-Galería O faiado

cartel_colectiva72

Despois de varios meses de preparación imos poder presenciar a exposición “De fibra sensitiva”, con obras dun colectivo de mulleres creadoras de Barbanza.

As 11 artistas que compoñen o grupo propuxéronse, ao tempo que creaban as obras para esta exposición -que ten como fío condutor o tema das relacións afectivas-, realizar encontros periódicos co fin de intercambiar experiencias, compartir inquedanzas e sensacións e sobre todo reforzar os lazos de amizade entre elas. Os encontros foron abertos e todos diferentes. Case ningunha acudiu a todos e mesmo algunha das artistas non puido estar en ningún por diversas causas.

Entendín esas xuntanzas coma un acto de complicidade e xenerosidade, pois sendo o feito de creación algo individual e íntimo, ás veces motivo de rivalidade entre artistas, as nosas protagonistas deron un paso adiante. Racharon ese muro e fixeron o esforzo de reunirse para compartir mantel e mesa de traballo; saborear os froitos de cada estación, escoitar a natureza e escoitarse a si mesmas, e plasmar no lenzo un mundo de sensacións multicolor que van entregar ao público durante o mes de agosto.

Artistas con diferente formación, técnicas diversas e materiais variados van pór diante de nós un abano de pezas no que caben todos os gustos e tendencias, desde o naïf ao expresionismo abstracto, do debuxo realista ao neoplasticismo, ou do surrealismo ao eclecticismo, sen esquecer a fotografía e a influencia do cine e das novas tecnoloxías. Veremos lenzos heteroxéneos que tentarán seducirnos e sacudir calquera dos nosos cinco sentidos, ou seis -son mulleres.

Percibiremos o bico dos namorados, ou non. Que me din da relación da lúa e o sol, ou do ceo e a terra, o mar e as rochas? Presupoño todo iso cunha verdade intimista e uns grafismos envolventes e reivindicativos. Espero que este grupo de artistas, que temos o luxo de ver agora en conxunto aínda que seguen camiños dispares, nos fagan gozar a tod@s coa súa percepción e recreación dos afectos (e das afeccións). Pronto se levantará o telón e…A gozar!!!

Encarna Pego

CREADORAS BARBANZA. Presentación.

18 Domingo May 2014

Posted by Pilar Ageitos in ACTUALIDADE, CREADORAS BARBANZA, O ARTE EN VIDEO, O PORTILLO CRÍTICO

≈ Deja un comentario

Etiquetas

Ainara Valle, Carla Riande, Creadoras Barbanza, elia nuñez, Encarna Pego, exposición colectiva, Loli Regueira, Lucía Romaní, Maralla, María Magán, María Regueira, pilar ageitos, Procesos creativos de grupo, Proxecto colectivo, relacións afectivas, Tenda-Galería O faiado

Creadoras Barbanza. Presentación.
Creadoras Barbanza. Fotografía de Elia Núñez.

“Como empezou todo…

O 18 de outubro de 2013 Loli Regueira xuntounos a Eugenia, da Tenda-Galería O Faiado, e a min, para suxerirnos unha idea que levaba tempo matinando: a de facer unha exposición colectiva con obras de mulleres que se dedican á arte na zona do Barbanza. E fixouse unha data: agosto de 2014. Baralláronse varios nomes, moitos dos cales participarán na exposición colectiva, pero que non están presentes na iniciativa que presentamos neste artigo por diversas circunstancias personais. De tal xeito que no fluír desta idea, decidimos invitar a outras mulleres que non participarán na exposición, pero que consideramos que teñen moitas cousas que achegar.

Propúxoselle a Loli Regueira facer algo diferente. A idea formulada como nexo de unión era o tema das relacións afectivas: non merecía ser tratado un tema de tanta transcendencia nas relacións humanas dende unha óptica e proceso creativos diferentes?

Así que lanzamos a seguinte proposta: realizar un encontro mensual (abril, maio, xuño e xullo) previos á realización da exposición en agosto. Pareceunos interesante que as persoas que iamos participar nesta exposición xenerásemos un grupo de debate, creación e expresión creativa en grupo, independentemente de que cada artista presentase a súa propia obra individual na exposición de agosto. Pretendemos outorgar outra dimensión ás palabras “EXPOSICIÓN COLECTIVA”, máxime cando o tema a tratar son as relacións afectivas.

Presentaremos nesta páxina un artigo e un vídeo de cada encontro, que serán realizados por diferentes participantes do grupo, expresando así as diferentes visións de cada creadora a respecto destes procesos. Agardamos que o que imos publicar lles resulte tan enriquecedor coma a nosoutras estas reunións.

“Creadoras Barbanza”

Elia Núñez creou un grupo pechado no Facebook onde debater as diferentes propostas e planificar en conxunto cada encontro. Coido que o título foi do más atinado e suxerente: “Creadoras Barbanza” evoca moitas cousas, e moi interesantes.

Decidimos crear unha montaxe audiovisual na que as palabras que cada creadora elexiu para presentarse son pronunciadas pola voz doutra creadora. Neste xogo pretendemos reforzar o proceso que estamos a vivir: as diferentes simbioses que xurden nun proceso creativo de grupo. Proceso que salva as distancias xeográficas: Ainara Valle, envía a súa presentación dende Zaragoza.

A continuación, e por orde de aparición no vídeo, as presentacións de cada unha:

ELIA NÚÑEZ: “Ola, son Elia. De min para ti”. (Voz: Pilar Ageitos)

LUCÍA ROMANÍ: “Estou aquí, son ninguén”. (Voz: María Magán)

MARALLA: “Ola, son Maralla e non me sae ningunha xenialidade”. (Voz: Loli Regueira).

LOLI REGUEIRA: “Ola, son Loli e quero voar”. (Voz: Maralla)

MARÍA MAGÁN: “Ola, son María Magán. Vivo aquí e agora”. (Voz: Elia Núñez).

MARÍA REGUEIRA: “Son María Regueira e quero crecer”. (Voz: Carla Riande)

CARLA RIANDE: “Son Carla e só quero voar”. (Voz: Lucía Romaní).

ENCARNA PEGO: “Eu son Encarna, vin a unha festa de artistas e trouxen flores”. (Voces ao unísono: Encarna Pego e Pilar Ageitos).

AINARA VALLE: “Ola. Son Ainara Valle e gústame levitar sobre a auga”. (Voz: Loli Regueira).

PILAR AGEITOS: “Eu son muller e ese é o misterio. Só o albisco cando entono a miña propia canción”. (Voces por orden de aparición: Loli Regueira, María Magán, Lucía Romaní, Elia Núñez e Maralla).

 
Pilar Ageitos
Grazas a Encarna Pego
pola revisión final do texto
e a súa tradución ao galego.
Grazas ás participantes,
que aportaron as súas revisións,
comentarios e correccións de estilo.

Sígueme en Twitter

Mis tuits

PÁXINAS

  • ARTISTAS DO BARBANZA
  • DESCARGA ARQUIVOS
  • ONDE APRENDER
  • ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • MUSEOS
  • CONTACTO

SECCIÓNS ESPECIAIS

  • A COMARCA DO TALENTO (12)
  • ACTIVIDADES E CURSOS (109)
  • ACTUALIDADE (578)
  • CERTAMES (29)
  • CREADORAS BARBANZA (16)
  • CURIOSIDADES (21)
  • ENTREVISTAS (13)
  • FILMES (40)
  • INTERCULTURAL (8)
  • O ARTE EN VIDEO (15)
  • O PORTILLO CRÍTICO (54)
  • PEQUENOS ARTISTAS (17)
  • QUE VER? (208)

ARTE REIVINDICATIVO

COMUNIDADE

ENCONTROS-FALADOIROS

ACTIVIDADES: MALOS RETRATOS POR 1€

ONDE APRENDER:

DE INTERESE

Espazo para a fotografía

Anuncios

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Cancelar
Privacidad & Cookies: este sitio usa cookies. Al continuar usando este sitio, estás de acuerdo con su uso. Para saber más, incluyendo como controlar las cookies, mira aquí: Política de Cookies.