Etiquetas

, , , , ,

Aberta Convocatoria de inscrición no IV Maio Vintage! ATA o 12 de ABRIL!!!!

Maio Vintage nace coa ilusión de apoiar e difundir o traballo realizado

por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, á ilustración, á

fotografía, artistas relacionados co mundo da moda e a arte, así como

promover un espazo de encontro e intercambio de obxectos atemporais e

de segunda man.

No Maio Vintage propoñemos a realización de talleres, exposicións e

actividades relacionadas coa arte, a música ou a moda. Ao longo da

xornada realizaranse diferentes actividades de lecer e entretemento,

música en directo e outras colaboracións.

Se queres participar como expositor:

– Envía un correo a: ideasamoreas@gmail.com

Só poderán participar as persoas que envíen a súa inscrición,

antes do 12 de Abril con:

1. NOME DO POSTO (é fundamental que se utilice o mesmo en

todo o proceso)

2. Nome, teléfono e mail de contacto.

2. Breve descrición do que vai vender.

3. Fotos, páxina web, blog ou outra info.

4. Espazo lineal que precise.

– O 14 de Abril publicaremos un listado na páxina de facebook cos

postos seleccionados e contactaremos igualmente por mail aos mesmos.

https://www.facebook.com/plataformacreaturas

http://plataformacreaturas.blogspot.com.es/

– A inscrición dos expositores é de 20€ para todo o mundo, e deberán

aboala ata 15 días antes do evento (ou sexa, o 30 de abril), aqueles

expositores seleccionados. Non se admitirán postos que fixeran o pago

sen ser seleccionados previamente, nin se lles devolverá a cota.

O 14 de maio no mercado:

– A temática e decoración dos postos é Vintage, Pin Up, Retro.

Pídese un esforzo pola decoración do posto e a caracterización das

persoas participantes acorde a esta estética.

– O espazo máximo de ocupación por posto é de 3x3m (podendo

valorarse casos especiais).

– A ubicación do posto, así como a persoa de contacto será

comunicada por mail con anterioridade ao día da montaxe.

– Cada persoa participante faise responsable de deixar limpo e

recollido o espazo asignado, sendo o seu incumprimento motivo

de non ser seleccionado para vindeiras edicións.

Si queres propoñer unha actuación, taller, actividade de lecer ou

entretemento:

– Envía un correo igualmente a: ideasamoreas@gmail.com antes

do 12 de Abril.

– Indica brevemente en que consiste o teu proxecto/taller e

orzamento, nome, teléfono e páxina web, blog ou outra info.

Para calquera dúbida, ponte en contacto e atenderémosche

encantad@s!!!!

Organiza Creaturas

CONTACTO
https://www.facebook.com/plataformacreaturas

ideasamoreas@gmail.com

Anuncios