Etiquetas

, , , , ,

image

O Cineclube do Liceo de Noia arranca nova etapa, unha etapa na que aparte de estrear blogue tamén ábrense as portas do Cineclube Liceo de Noia a todas as persoas que desexen ver  cine. A partir deste mes de abril  de 2016 poderán acceder ó Cineclube do Liceo de Noia tanto os/as socios/as  do Liceo coma as persoas que non o son. Podemos asegurar que dende xa haberá unha programación cinematográfica estable en Noia á que poderán acceder todas as persoas que queiran, tanto de Noia como doutros municipios. A entrada para socios/as da Sociedade Liceo de Noia será de1€ e para as persoas que non pertenezan á Sociedade Liceo será de 4€.

A programacion do cineclube sera de 2 películas por mes con proxeccións en domingo. Estan desenvolvendo tamén unha programación infantil e algunha novidade máis.

Proxección inaugural: 

Venres 15 de abril de 2016

Empezamos esta nova etapa como non podía ser doutro xeito, con cinema galego. A película encargada de inaugurar a nova andaina deste Cineclube do Liceo de Noia é o documental FRANKENSTEIN 04155. O accidente do Alvia en Angrois é o protagonista desta xornada de cinema, contaremos coa presencia do seu director Aitor Rei que charlará co público asistente sobre os pormenores na elaboración desta película.

Fuente: http://cineclubeliceo.blogspot.es/

Anuncios