Etiquetas

, , , , ,

Cartel_Che_Tembra LOGOSINUAGURACIÓN 4 de marzo ás 20.00h. A  mostra estará aberta ao público ata finais de marzo en horario de apertura do centro.

“Figuracións” de Che Tembra

O ferro é parte da nosa cultura material e o seu aproveitamento comeza na Galiza arredor do ano 1000 a.C. coa metalurxia de orixe prerromana, pero os testemuños mineiros máis evidentes témolos na Idade Media, cando comezan as ferrarías, que continúan activas ata fins do século XVIII. No XIX establécese o primeiro forno en Sargadelos e até 1931 é aínda a extracción do ferro importante no noso país. A derradeira mina pechou en 1972. Dous mil anos de traballo dos galegos co ferro. Logo virá doutros lugares, pero a nosa relación co mineral segue viva e Che Tembra é un exemplo claro da presenza do ferro na nosa arte.

Tamén o ferro está moi presente na nosa lingua, rexistra seis variantes (branco, coado, de dourar, de soldar, doce e vello),

aparece no noso refraneiro (“Cargado de ferro, cargado de medo”) e o ferreiro é protagonista de cantigas e frases feitas. Presente

tamén na nosa arte, sobre todo contemporánea. E presente na nosa onomástica con apelidos como Ferro, Ferrón, Ferreiro, Ferrín…

Che Tembra, que fai arte da artesanía, que aproveita o refugallo metálico para dar forma significativa, amosa nesta

exposición as figuracións de persoeiros e lugares de noso convertidos en materia eterna, dura, férrea.

                                                                                                                           Texto: Pastor Rodríguez

 

Anuncios