Etiquetas

, , , , , , , ,

Trofeos dorneiros 2016

BASES PARA A SELECCIÓN DOS PREMIOS DA FESTA DA DORNA 2016

1.- Os premios para cada actividade, as categorías e as cantidades son os que se recollen na seguinte táboa:

ACTIVIDADE 1º PREMIO 2º PREMIO 3º PREMO
Cansión de Tasca 1 1 1
Embarcasións 1 1 1
Voo sen motor 1 1 1
Carrilanas 1 1 1
Decorasión de Fanequeiras 1 1 1
Concurso de Tapas 1 1 1
TOTALES 6 6 6
Medallas 160 unidades

2.- Os proxectos/bocetos deberán ser orixinais e inéditos, non seleccionados en ningún outro certame ou concurso, e non poderán ser reproducións totais ou parciais doutras obras xa realizadas con anterioridade.

3.- Poderán participar no concurso os artistas locais de Ribeira, entendendo como tales aqueles que residan ou desenvolvan a súa actividade profesional en Ribeira, ou que teñan unha especial vinculación da Festa da Dorna.

4.- Os primeiros premios deberán ser dun importe máximo de 90€/unidade (IVE engadido).

5.- Os segundos premios deberán ser dun importe máximo de 65€/unidade (IVE engadido).

6.- Os terceiros premios deberán ser dun importe máximo de 50€/unidade (IVE engadido).

7.- As medallas deberán ser dun importe máximo de 3€/unidade (IVE engadido).

8.- Os proxectos/bocetos presentados poderán ser de material e formato libre.

9.- Os criterios que terá en conta a R. e I. Cofradía da Dorna para a elección dos premios da Festa da Dorna 2015 serán a orixinalidade da idea e do formato, a súa relación coa actividade á que vai dirixida e o seu prezo final.

10.- O prazo de recepción de propostas estará aberto ata o venres 4 de marzo de 2016.

11.- A presentación de propostas deberá facerse por medio de envío postal dos proxectos ao Apartado de Correos Nº 16 de Ribeira (15960).

12.- O envío das propostas deberá facerse segundo as seguintes instruccións:

– Os artistas participantes presentarán, dentro do mesmo paquete, en cuxo exterior constará a frase: PROPOSTA PREMIOS FESTA DA DORNA 2016 , dous sobres pechados .

– O primeiro dos sobres, identificado ca letra A, conterá os datos persoais e de contacto do artista. Este sobre non será aberto, para garantir o anonimato do artista, ata que a R. e I. Cofradía da Dorna seleccione os distintos premios.

– O segundo dos sobres, identificado ca letra B, conterá o proxecto/boceto da obra, unha breve memoria explicativa da mesma, o prezo final con IVE engadido e calquera outra información de interese para unha mellor valoración da proposta. Este sobre non conterá ningunha sinatura, nome, marca ou outros que sexa susceptible da identificación da autoría; de darse o caso, a R. e I. Cofradía da Dorna non valorará a proposta.

13.- A selección das propostas gañadoras terá lugar o día 12 de Marzo de 2016.

14.- Os artistas seleccionados disporán de prazo ata o 15 de Xuño de 2016 para presentar as obras definitivas.

15.- As pezas seleccionadas participarán nunha exposición que vai ter lugar durante o mes de Xullo nun lugar a determinar.

16.- Os artistas/participantes non poderán facer público nin exhibir parcial ou totalmente as obras seleccionadas antes da súa entrega á R. e I. Cofradía da Dorna.

17.- Na elaboración de cada peza, o artista deberá cinguirse ás características reflectidas na proposta inicial e que deron lugar á súa elección (materiais, tamaño, acabado final, cores, etc). A Real e Ilustre Cofradía da Dorna resérvase o dereito de rexeitar aquelas obras que non se adapten á proposta inicial ou cuxas variacións, sufridas no proceso de creación, non fosen consultadas/consensuadas con anterioridade á entrega.

18.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

19.- O non cumprimento dalgún dos requisitos recollidos nestas bases suporá a non valoración do proxecto por parte da R. e I. Cofradía da Dorna.

20.- A  R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito para resolver calquera cuestión non recollida nestas bases.

21.- As propostas non premiadas poderán ser reclamadas polo autor/a durante os trinta días seguintes á data de publicación das obras seleccionadas. Transcorrido este prazo, a R. e I. Cofradía da Dorna non se fará responsable da súa conservación ou posterior devolución.

 

 

Ribeira, 13 de Xaneiro de 2016.

Anuncios