Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , ,

artists

A próxima fin de semana poderemos disfrutar da II edición do Artists Upstairs (Tertulias sobre creatividade) que terá lugar na Estación Leñaverde do Centro Social de Boiro o próximo sábado 28 de novembro ás 17.30h.

Estas conferencias consisten en mostrar o traballo creativo dos creadores da nosa contorna independentemente da súas disciplinas: artistas plásticos, músicos, deseñadores, ilustradores, artesáns… Durante 12 minutos os invitados explicaran ao público interesado en que consiste o seu traballo creativo (de maneira aberta e de balde para todo tipo de público).

Nesta segunda edición poderemos coñecer a Sara Willish (Performance), Delio Sánchez (artista), Joan Morera (artista conceptual), Paola García (Artista plástica), Malos Retratos (Grupo de artistas), La Doce( Espazo creativo), En las nubes (decoración e deseño), Yo creo teatro (María Creo) e iniciativas como Krahefunding (Suso, Pousada das Ánimas).

 

 

Anuncios