Etiquetas

, , , ,

davila

Caricatura de Dávila por Domingo Regueira.

O martes día 4 de Agosto, na sala Raquel Soler, ás 20.30 h inaugurase unha interesante mostra de escultura do escultor pobrense Ricardo Dávila.

Ricardo Dávila Santos nace na Pobra do Caramiñal e vive ata os dazaseis anos no“Muiño Vello”, aínda que na actualidade, por motivos de traballo, reside en Málaga.

Dávila realiza os seus estudos artísticos en Barcelona, onde se especializa en debuxo publicitario e se inicia no modelaxe na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. É un escultor cosmopolita, viaxou por montóns de cidades para coñecer técnicas de modelaxe completando a sua formanción e, tamén, para montar talleres artesanais de escultura que el mesmo dirixe.

Ricardo Dávila é coñecido polas suas tallas en raíces de olivo que lle otorgaron o seu prestixio internacional, figurando as súas obras en diversos museos e coleccións privadas.

tudelano

O martes día 4 de Agosto, na sala Raquel Soler, as 8,30 h inaugurase unha mostra do traballo artístico do escultor pobrense.