Etiquetas

, ,

BASES DO  VIII CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE

“JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ LEICEAGA” (Sesé), día 26 de abril 2015

O Concello de Noia (A Coruña) convoca o  VIII Concurso de Pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga” (Sesé) con motivo da celebración da Feira de San Marcos 2015.

BASES:

1.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.

2.– Dito certame terá lugar na Vila de Noia o domingo 26 de abril de 2015.

3.- INSCRICIÓN E SELADO: a inscrición e selado das teas e soportes elexidos polos  artistas terá lugar o mesmo día 26 de abril a partir de 08:30 h. ata as 11:30 h. na Casa Consistorial do Concello, sita na Alameda.

4.- TEMÁTICA: o tema obrigado do concurso   será o casco urbano e arredores da Vila de  Noia e, necesariamente, as obras deberán ser pintadas en directo, “in situ”.

5.- TAMAÑO E TÉCNICA: o tamaño das obras será de 50 cm. como mínimo e un máximo de 120 cm. en calquera dos seus    lados.

Na modalidade Premio 1ª, 2ª, 3ª Mención especial (ata 10 anos) as medidas serán  elexidas polos propios participantes.

O soporte poderá ser branco o en cor base sen texturas e as obras  poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc.

 O artista virá provisto de todo o material necesario para  a execución da súa obra incluído o cabalete para expoñer a pintura realizada.

Admitirase unha soa obra por concursante e irá sen asinar.

6.RECEPCIÓN DAS OBRAS: Entregaranse na Casa do Concello en horario de 14:30 a  16:30 h. na que se dá por rematado o tempo de realización e presentación das obras.

7.PREMIOS:

1º Premio………………………………… 2.000 €

2º Premio………………………………… 1.500 €

3º Premio………………………………..  1.000 €

PREMIO “GRAFINOIA”……….   600 € (patrocinado por Grafinoia)

PREMIO”PERICIALES Luis Fernández” 600 € (patrocinado por    Luis M. Fernández Castro)

Accésit     ………………………………..     250 €

 Accésit     ………………………………..     250 €

 Accésit     …………………………………    250 €

. 1ª, 2ª e 3ª  Mención especial para nenos menores de  10 anos.. … trofeo + diploma

Os premios estarán suxeitos á lexislación fiscal aplicable, realizándose o seu pago mediante transferencia bancaria. Porén os gañadores deberán presentar no Concello de Noia certificación da conta bancaria na que desexen recibir o premio  e unha copia do D.N.I.   O pago realizarase nos quince  días hábiles seguintes á presentación da devandita certificación.

Os premios están consignados na  partida 338.48000, atopándose retido o crédito necesario.

8.– O XURADO estará composto polas seguintes persoas:

Presidente: Alfonso Costa Beiro

Secretario/a: Traballador/a do Concello de Noia

Vogais: O concelleiro delegado de cultura e  catro persoas de recoñecido prestixio dentro do mundo da arte.

A súa decisión será inapelable e basearase na análise de calidade e do valor artístico das obras presentadas a concurso, así como que as obras se adapten ao tema obrigado do concurso; o casco urbano e os arredores da Vila de Noia.

9.– DECISIÓN DO CONCURSO: os membros do xurado emitirán a decisión do  concurso, que será inapelable,   ás  19:00 horas no Salón de Plenos do  Concello.

A continuación realizarase a entrega dos premios.

10.- As obras galardoadas co primeiro, segundo e terceiro    premio  quedarán en propiedade do Concello de Noia, así como, todos os dereitos de reprodución.

As obras premiadas deberán ser asinadas polos artistas.

As obras premiadas polas empresas Grafinoia e Periciales Luis Fernández   pasarán  a ser propiedade das mesmas.

As obras gañadoras dos tres accésits serán devoltas aos seus autores.

A participación no Concurso implica  a aceptación de todas as bases.

12.- EXPOSICIÓN E VENDA: o conxunto de obras  participantes permanecerán expostas no Claustro do Concello para ser contempladas polos visitantes e tamén para a súa posible venda dende as 18:00 ata as 21:00 h. do 26 de abril de 2015.

Para a retirada da obra será necesario a presentación do DNI ou documento que acredite a identidade do autor.                                           

A organización velará polo coidado das obras, aínda que non se responsabiliza dos danos que puideran sufrir durante a exposición.

Noia, 27 de febreiro  de  2015

O concelleiro de cultura

Asdo.: Javier Rodríguez Vieites

DESCARGA O ARQUIVO A TRAVES DO LINK: BASES DO VIII CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE GALEGO

Anuncios