Etiquetas

, , , , , , , , ,

accion_barbanza

Das necesidades dos artistas locais nace neste momento Acción Barbanza, un colectivo de artistas agrupado mediante a rede social facebook.

O grupo ACCIÓN BARBANZA xurde co fin de erguer a voz para defender o arte na nosa contorna, denunciar as malas praxes de gobernos e institucións e servir de apoio aos artistas que reforzan o colectivo.

Esta plataforma pretende cambiar as cousas  para mellorar a situación dos artistas, con accións ao corrente nestes tempos de profunda depresión económica e cultural, intres que consideramos dramáticos e imposibles para o normal desenvolvemento do sector cultural, e que impiden o desenrolo da vida artística e da propia manifestación da arte.

Aínda que os once artistas forman parte de un grupo cerrado calquera persoa interesada en coñecer o seu manifesto e accións pode solicitar mais información para a súa integración.

O colectivo constitúese como grupo independente. A pertenza a este grupo é totalmente gratuíta.

Anuncios