Etiquetas

,

lovely

É unha sorpresa grande cando alguén recoñece a túa labor. Por iso hoxe me sinto moi emocionada de compartir con vos a nominación ao “One Lovely Blog Award” que nos mandou Pilar Ageitos a Arte Barbanza. O primeiro que quero dicir é que agradezo o estímulo no nome de Arte Barbanza, de min como autora e tamén dos nosos colaboradores. ¡Moitísimas gracias! Premios que navegan na rede entre blogueiros, que motivan e animan a seguir, día a día enchendo a nube de mais contidos informativos. Existen unha serie de regras para poder completar esta nominación con éxito. Velaí van:

Regras

  • Agradecer á persoa que te nomeou.
  • Agregar o logo do premio One Lovely Blog Award no post ou no teu blogue.
  • Compartir sete feitos ou cousas sobre ti mesmo.
  • Nomear a outros 10 ou 15 bloguers que admiras e informalos ao respecto.

Sobre min

  • Chámome Loli Regueira e decidín abrir este blogue por empatía con todos aqueles creadores que se senten perdidos no noso territorio. ¿Que ver?, ¿Que facer?, ¿Onde atopar arte?.Gustaríame que fose un blogue útil e que poidan surdir sinerxías entre nos.
  • Desexaría que fose mais profesional a maneira de tratar cos artistas do mesmo xeito que nos respetamos tódalas profesións da terra, aínda que non teñan que utilizar da súa imaxinación,  inspiración, vocación e destreza.
  •  “Unicamente las cosas relativas a la inspiración se nutren de plazos. Las relativas al deber natural, a la voluntad, no sufren dilación.”  Simone Weil
  • E moi molesto para min, e para os artistas, que soliciten que regalemos o noso traballo, pero iso tamén serve para tódalas profesións que existen na terra, claro.
  • Nunca sei cando esta rematada unha obra, realmente gozo mais no proceso que unha vez terminada. As miñas, normalmente, están sen rematar. “Sin acabar, una obra permanece viva, peligrosa. Una obra acabada es una obra muerta, asesinada.”  Pablo Picasso. La Rebelión de las formas, Tusquets editores.
  • Unha cousa no arte e moi importante na vida: Hai que saber cando parar. ¡O 6 é o meu número preferido!
  • A gran enfermidade do artista é o ego. Por iso, “¡Decídete! ¿Que é o que queres, dominar o ego ou ser escravo de él? ¡Escolle o correcto!” Sri Chinmoy

Soy_Artista

Anuncios