Etiquetas

, , , , , , , ,

Hoxe falamos co artista Jontxu Argibay sobre os talleres de escultura que imparte na nosa comarca. Pero antes imos conversar un pouco sobre os inicios do artista…

Os meus inicios co mundo da arte remóntanse á miña infancia, xa daquela me gustaban as artes plásticas, e dáballe a todo, o que mais recordo que facía era debuxar e pintar. Logo, na época de instituto, estaba mais relacionado co mundo do cómic e as artes visuais. Foi cando me fun para Santiago na Escola de Artes Mestre Mateo cando quedei namorado da escultura.

peixeira

Como se pode ver no seu blogue, a súa base desenrolase a partir do estilo manga xaponés e do tebeo español, son todas as súas obras as que se centran nesa inspiración ou podemos atopar outras ideas diferentes?

Poden ter unha orixe no mundo da historieta, pero tamén a miña obra ten un estilo que bebe dos videoxogos, dos artistas clásicos, pódese dicir que nun principio estaba influenciado pola obra de Jackob Epstein e Moore.

Observando algunhas das súas pezas, tamén en directo, podo ver certa temática costumista, ou temas moi ligados a Riveira, como a pesca ou a muller. Por que son os seus favoritos?, cree na muller como o modelo ideal ou a inspiración para crear arte?.

Non diría que son os meus favoritos, é innegable que son Ribeirense e Galego por riba de tódalas cousas, é imposible non recorrer a esas temáticas, cando as vivín toda a miña vida. A muller é o centro de todo para min, non só para a inspiración senón para a vida mesma.

jontxu

Segue unha liña moi clara nos seus obxectos e esculturas, diríamos que podemos relacionar directamente a súa obra con vostede sen telos un a carón do outro, isto é importante neste mundillo?, impórtalle que o recoñezan pola súa obra ou gostaríalle pasar máis desapercibido, e non consideralo un traballo máis?.

Moitos artistas dirían que non é importante, para min sí, que me relacionen co meu traballo é importante, que vexan unha obra e non teñan que recorrer á firma para saber que é miña. Non podo considerar isto como un traballo mais pois é a miña vida, ó contrario de moitos artistas este é o meu medio de vida, e que che recoñezan é importante para seguir vivindo disto. Non, non me importa que me recoñezan, ó contrario.

Considero que ten razón na súa negativa a explicar as súas obras, eu como artista penso que a obra é a protagonista, pero, baixo que perspectiva cree que o espectador observa a súa obra?, a estética, a explicativa, a persoal, quizás polo nome do artista…?

Supoño que moita xente observaraa dende a beleza, se lle gusta ou lle provoca algo, e a outra simplemente lle pasará desapercibida, non me importa.

uxia

Proceso da escultura Uxía de Jontxu Argibay.

Como puido desenrolar a súa obra dentro dun pobo pequeno?, sentiuse agarimado polo cariño do pequeno espectador?

Sempre me sentín moi querido no meu pobo, moitos pensan que perdo o tempo pero a maioría apóianme, ademais é grazas a ese pequeno espectador a quen sobrevivo.

Falemos agora das  clases que imparte de escultura… Quizais é o tipo de arte menos asequible na actualidade en comparación coa pintura ou o debuxo, pero vostede decantouse por dar estas clases de escultura por algún motivo… Quere inculcar máis opcións de arte?, quere que coñezan un pouco máis a arte que vostede ama?

Encántame o mundo da ensinanza, é a miña segunda vocación, ademais creo que é o estilo creativo mais visual, gústame a escultura e intento que os meus alumnos a amen e respeten a partes iguais. Creo que é necesario impartir escultura, e que ese baleiro hai que enchelo sen falta.

jontxu_dibujando

o artista debuxando en vivo durante a feria Artemar

En poucas palabras…. Por que recomendaría anotarse ás súas clases de escultura?, e, cal é a súa finalidade?

Pois eu creo que se queres evadirte dos problemas cotiás, calquera estilo artístico é bo, pero este en concreto é o mais accesible e o mais duro, e dicir, que é moi doado entrar nel, disfrutar del, e logo se queres perfeccionarte é o mais duro e o que mais che fai disfrutar ó final. A finalidade é a que queira o alumno, xa digo. Podes vir para desconectar relaxarte ou aprender o oficio.

As temáticas que tratan no curso poderán ser libres ou vostede decidirá varias para que poidan elixir sobre cal se senten máis cómodos?

Tanteo ó alumno cun par de exercicios ó principio pero estou encantado cando eles me traen ideas para novos proxectos, moitos deles xa teñen un estilo marcado despois de 3 anos de curso. Ás veces escollen eles e outras veces aconsélloos eu, non é un aprendizaxe estrito, deixo moita liberdade.

arteleira

Como se irán desenrolando as clases no tempo e espazo cos seus alumnos?, canta duración terán ao largo do ano?

As clases impártoas durante todo o ano na Casa de Cultura de Carreira a través da súa asociación de veciños, son Luns e Mércores de 20:30 a 22:00h e no Centro Social de Cabo de Cruz os Xoves de 16:00 a 19:00h de Outubro a Maio.

Non me importaría se algunha asociación ou centro estivese interesado en que ofrecese un cursiño ou monográfico.

A canto podería alcanzar o custe das clases por alumno?sería algo asumible para estes tempos? , terán dispoñibilidade de horario?

O prezo das clases en Carreira é de 30€ ca condición de ser membro da asociación de Veciños (10€ anuais) creo que é un prezo moi asumible tendo en conta que son 3 horas á semana e ó contido do curso. E en cambio teñen un custo de 35€ en Cabo de Cruz. Por ese prezo poden vir os dous días hora e media ou se lles é moito tempo reducilo dentro dese horario.

_1

Irán as súas clases dirixidas para todas as idades? ou, gostaríalle iniciar a adultos na escultura máis seriamente?

Estas clases son exclusivamente para adultos de 18 a 120 anos, en canto ós nenos imparto un monográfico cada Nadal en Ribeira e un mes en Agosto por medio de Cultura do Concello de Riveira. E este ano tamén impartín un en Cabo de Cruz dunha semana de duración en semana Santa e no mes de Xullo.

Que materiais se necesitarían levar ás súas clases?, e falando de materiais… que tipo de escultura se desenrolarán nas mesmas?.
En principio o tema dos materiais é moi barato, ó contrario da pintura, o custo é mínimo, pois cuns lapices, bloc de debuxo, palillos de modelar e barro pódese comezar sen problemas. Todo tipo de esculturas, en barro, escaiola, resinas, madeira, cartón pedra…

Xa que vostede realizou algunha ocasión obras para o Concello, cree que podería participar dunha obra conxunta cos seus alumnos para finalmente ser instalada nalgunha das rúas da zona Barbanza?, veríao interesante?. 

Todo sería cuestión de valóralo, e claro que si, sería interesante.

Finalmente, ¿ onde se impartirán as clases?, e,a onde poderán acudir os alumnos interesados para inscribirse?.
Para inscribirse ou ben ó meu mail, jontxuargibay@gmail.com ou no teléfono 646031995.

Por: Ainara Valle

Anuncios