Etiquetas

,

cursoconcursoliterario

O curso “Merchandising literario” é una iniciativa da Mancomunidade de municipios Arousa Norte que xorde co obxectivo de promover a creación de pezas souvenir asociadas aos principais escritores que naceron e/ou desenvolveron parte da súa obra nos Concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira. Trátase de potenciar a creación de merchandising orientado á venta no sector turístico a través da participación de creadores/as e artistas residentes nos 4 municipios nomeados, contado o gran potencial creativo existente nos mesmos.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos dedicadas á arte, a artesanía ou o deseño que residan nalgúns dos 4 municipios que conforman Arousa Norte (Boiro, Riveira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo).

O número máximo de participantes é de 20 persoas. En caso de que afluencia fose moito maior, valorarase a posibilidade de aumentar o número de prazas.

BASES XERAIS DE ADMISIÓN NO CURSO

Anuncios