Etiquetas

, , , ,

” CAMIÑOS E LUZ “, xa se pode ver na cafetería Amanitas da Pobra do Caramiñal, estará durante todo este mes de agosto. Trátase dunha mostra composta por dezaito pezas de nova creación, todas elas xogando coa expresividade abstracta e onde realmente o protagonista das pezas é a cor. Camiños e Luz é unha incursión Teiriana na atmósfera do estío, na captura desas luces atlánticas, supoño, que tamén aí se mira o desexo e a ansia pola chegada da luz, hai unha especie de ritual nesta exposición con efectos chamánicos, que van trazando as novas roitas ao traverso das nosas paisaxes, e sobre todo, na infinitude destas terras da Barbanza, ( a terra do autor, tan tensa, nesa relación de odio e amor entre ámbolos ), aí, onde tódolos camiños converxen e se deteñen, pero, onde as luces son sempre grandes faros.

10346282_736964796341968_1101047264578836961_n