Etiquetas

, , , , , ,

Este video documentado foi realizado na II Quedada de Creadoras Barbanza. A voz en off é de Ainara Valle, unha das artistas participes na colectiva, ausente nas quedadas por motivo da distancia. A carta que interpreta no son, foi escrita ese mesmo día do encontro por varias das creadoras alí presentes e que enviamos por correo postal a Zaragoza, onde a artista se atopa nestes momentos. Encarna Pego, outra participante presente nas quedadas, introduce cun breve texto o que foi a II Quedada de Creadoras Barbanza e finalizamos o escrito cunhas pequenas verbas de todas as mulleres artistas participes da colectiva.

Introdución

Sorprendeume moito o convite a un encontro de creadoras o día tres de maio, non comprendía a razón. Despois de dubidar toda a semana decidín ir, podíame a curiosidade e non tiña nada que perder. Logo souben que era un día especial para a amiga Pilar.

Era nunha casa na praia, fronte ao mar: cun sol radiante que batía nas rochas, e unha area limpa lambida con insistencia polo mar. Sentíame levitar naquel lugar, e con aquela compañía: todas artistas.

Nunca esquecerei aquel día. Merendamos, charlamos e eu,extasiada, fun testemuña do nacemento das criaturas. As miñas amigas xogaban coas témperas ou bolígrafos de cores, e podo asegurar que os percebes pintados me gustaban máis aínda ca os reais.

Sentíame un pouco extraterrestre. Falaba, e falaba (elas, curiosas, preguntábanme polo meu traballo, e xa se sabe…), pero pesábame a mala conciencia de quitar concentración ás artistas.

Na despedida regalei unha rosa a cada unha, mentras no cantil as píllaras chocaban os seus ovos, nun proceso de creación paralelo. Que marabillosa festa de aniversario!

Os meus Parabéns e agradecemento a todas.

//Encarna Pego//

__________________________________________________________________________________________

En relación coa Arte a esencia é chegar, é comunicar os sentimientos do autor ao espectador. E para iso, ás veces, hai que arriscar co extraordinario, tentar provocar reflexións e afrontar retos de forma positiva. Descubrir potenciais escondidos e soltar os sentimentos gardados é o punto de inflexión e a clave para que floreza a ARTE e o artista poida debuxar o seu propio camiño. // Maralla //

Reinventando una forma de vivir el arte
Hace unos años se llevan escuchando voces acerca de la muerte del arte, el fin del arte… ¿en serio? Yo no lo creo. En lo que sí creo es en la reformulación de los engranajes del sistema del Arte. Los antiguos, aquellos que se habían inventado por el sector especializado hace 200 años ya no funcionan.
De esta forma, mientras algunos lloran la pérdida, yo celebro su liberación. Un encuentro otra vez, con mi yo interior, con los silencios, con lo cotidiano, con lo absurdo, con el ruído, con la esperanza… un encuentro con la vida.
El Arte y la Vida se dan otra vez la mano, y una vez enfriada el aura, volvemos a creernos, a ser auténticos y a compartir, una tarde cualquiera de primavera, una merienda en Balieiros, en la casa de Maralla, felices… Inventando nuestra propia forma de vivir el Arte. //María Magán Lampón//

Aunque vea al cielo brillar, escucho su melodía entre tormentas que algún día sueño tocar. //Aynara Valle//

Para min, participar nesta exposición “Creadoras do Barbanza”, resultou ser unha sorpresa que non agardaba. Fai pouco que comezou a miña aventura neste maravilloso mundo que é a arte, e nin se me pasaba pola mente todo o que está aportando á miña vida. Os encontros con estas fantásticas creadoras de sentimentos e emocións engadiron a esta experiencia un sinfín de momentos emocionantes e entrañables, ilusión e ganas de querer saber e aprender máis e máis cada día. Agardo estar á altura deste desafío artístico.// María Regueira//

Curiosidad y admiración, sentimientos que he tenido al encontrarme con tanta creatividad; euforia y alegría por querer compartir y sólo desear escuchar. //Carla Riande//

Idear, proyectar y procesar. Experimentar. Hacer y deshacer, o dejar de hacer. Construir y tejer. También enredarse para contagiarse. Debatir y decidir: negociar. Aprender del otro para desprenderse de lo propio. Lo común en común. Compartir. Estas y otras relaciones, juegos, están teniendo lugar en este momento, tiempo presente. //Lucía Romaní//

O segundo encontro de “Creadoras Barbanza” foi o 3 de maio. Ese día foi o meu aniversario. Nunca o celebro, ou case, pero todo cadrou así, e era o meu día. Coma nun bo cadro, pasas meses facendo bosquexos, pensando no que queres dicir, e o día que comezas a pintalo esqueces todo. Cada mancha de pintura, cada accidente non planificado, cada xesto erróneo da man (porque non corresponde a ningún bosquexo), cada momento de baixa concentración, crean o cadro final. E ese caadro final, moitas veces, é mellor que cualquera dos esbozos, das ideas que quixeches plasmar. Supera con creces todas as túas ansias de expresar. Supoño que tódalas que estivemos alí fomos coma eses xestos pictóricos que superan o mellor dos bosquexos. Sí. Ese día foi o meu aniversario. // Pilar Ageitos //

Me resulta muy extraño el hecho de plantearme si soy mujer para cualquier cosa que hago, jamás me lo planteo, pero realmente, cada una de las magníficas cosas que hacemos, las hacemos porque somos mujeres.            //Loli Regueira//

Gracias. //Elia Nuñez//

Anuncios