Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , ,

002WOL_Alison_Lohman_027

Fotograma La flor del mal, 2002.

Filme: La flor del mal (White Oleander), 2002. (EEUU)/ Drama.
Estrelas: 3 de 5. (Arte Barbanza)
Director: Peter Kosminsky
Reparto: Alison Lohman, Robin Wright Penn, Michelle Pfeiffer, Renée Zellweger, Billy Connolly, Svetlana Efremova, Patrick Fugit, Cole Hauser, Noah Wyle, Taryn Manning, Allen Lee Haff, Melissa McCarthy.

¿De que vai?
Ingrid ( Michelle Pfeiffer) é unha artista adicada á disciplina da fotografía que vive coa sua filla Astrid ( Alison Lohman) en California. Astrid non coñece ao se pai, e a parella actual da súa nai chamase Barry, co que mantén unha tortuosa relación cargada de discusións e infidelidades. Un día Ingrid, é arrestada no seu domicilio acusada de matar a Barry. A súa filla, queda a disposición de Asuntos Sociais e é obligada a convivir con outras familias en casas de acollida. Neste punto é onde comeza o filme: as vidas separadas de nai e filla, a convivencia da menor con outras persoas que aportan experiencias a súa vida. A beleza da rapaza (Alison Lohman) , como a da súa nai (Michelle Pfeiffer), non só namora ao espectador do filme, se non que un filme, cun diálogo completamente coxo convertese nun espectáculo de beleza. Os cambios, na personalidade de Astrid, debido a influencia das familias que a acollen, non son mais que un acto de rebeldía cara a súa nai, a quen visita en prisión apesares de todo. Astrid quere saber quen é o seu pai, posto que nos debuxos que a rapaza crea xa dende nena, recorda pouco a pouco a persoas que coñeceu durante a súa infancia…

Como cerre, e deixando puntos sen abrir (para gardarvos o misterio de que vexades o filme) a miña valoración persoal é aínda así positiva, pois son de esas persoas que lle gustan as películas lentas, mais do espectáculo estético (de descubrir personaxes, fotografía, lugares, atrezzo…) que poida aportar unha película, que do guión. Para todos aqueles que busquedes unha tarde cun drama moito mais elaborado non vos recomendaría para nada este filme, amigos. Valoración 3/5

“White Oleander é unha película de 2002 baseada na novela homónima de Janet Fitch”. Mais información en: http://es.wikipedia.org/wiki/White_Oleander

Por L. Regueira