Etiquetas

, , ,

1

Pastor Rodríguez presentando a obra de Casal.

Concorrida e amena foi a tarde de onte na inauguración do pintor Paco Casal no Centro Social de Boiro. Familiares, amigos, artistas e interesados na arte arrouparon o pintor a pesares das condicións climatolóxicas. O acto foi presentado por Pastor Rodríguez (Barbantia, Salseiros) e Casal finalizou a presentación agradecendo a todas as persoas que, coa súa colaboración, fixeran posible este acto facendo entrega unha obra orixinal firmada polo artista.

Arte Babanza tamén recibiu unha obra, así que moitas gracias a Paco Casal.

A exposición poderase ver ata o 28 de febreiro de 2014 de luns a venres de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h.

IMG_8384Un dos momentos da inauguración de Percorrendo camiños para atopar o mar.

Anuncios