Etiquetas

, , , ,

BIOGRAFÍAS · ARTE BARBANZA · A COMARCA DO TALENTO

Robustiano Losada Romero(Rianxo, 1945)

Este fin de semana inaugurouse na Casa Ramón Martínez López de Boiro a exposición “Sempre nós IV” de Nuco Losada Romero.

nucolosada

De cando a escultura e a amizade son a mesma cousa.
Traballo de Nuco.

Nuco Losada Romero naceu en Rianxo no 1945, fai estudios medios, para rematar
dedicándose profesionalmente á carpintería de ribeira. Sen embargo, sendo mozo novo, embárcase como mariñeiro mercante, dando varias veces a volta ó mundo. Rematado o seu periplo navegante, vive diversas tempadas en Nova Orleáns, Santo Domingo, Nova Zelandia e outros países de Europa e América antes de regresar a Galicia e retomar a súa profesión orixinal. Será no pacífico austral onde realice a súa primeira escultura: un deus maorí. A súa inquedanza artística é temperá, pero despois de practicar un tempo a pintura, que non o enche, atopa por fin a canle de expresión: o volume. Estilisticamente cultiva un facer propio no que afonda e investiga con teimosía e seriedade. Pedra arrolada polo mar, aceiro, arame, madeira, e agora fibra sintética. Como xa se ten dito:
“ Para el, a súa obra é un acto de amor entre o autor e a terra. A súa maior satisfacción, conseguir emocionar a través da súa obra. O seu peor crítico: el mesmo”.
EXPOSICIÓNS:
* 1997. Encontro cos nosos. Casa de Exposicións “ Casa do Coxo” do Concello de
Rianxo
* 1999. Lembrando: cousas da terra. Casa de exposicións “ Casa do Coxo” do Concello
de Rianxo.
* 2000. Mostra escultórica. Casa de Cultura Ramón Martínez López do Concello de
Boiro.
* 2001. Lembrando: IES Félix Muriel de Rianxo.
* 2002. Sempre nós. Ateneo de Ourense, organizada pola Xunta de Galicia.
* 2002. Sempre nós. Biblioteca Miguel González Garcés A Coruña, organizada pola
Xunta de Galicia.
* 2011. Mostra de escultura. Casa de Cultura de Porto do Son.
* 2012. Mostra de escultura. Auditorio de Rianxo.
* 2012. Mostra colectiva no CEIP Ana Maria Diéguez. Asados.
* 2012. Exposición AIRIÑOS. Asados.
* 2013. Exposición AIRIÑOS. Auditorio de Rianxo.
* 2013. Colectiva no Museo do Gravado de Artes- Ribeira
Ten museo propio en Rianxo, con mais de duascentas esculturas: museo “De Nós
Nuco” ( visitable nas horas de apertura).

Anuncios