Etiquetas

Facemos chegar a información sobre o I Certame de Pintores do Parque Nacional de Illas Atlánticas de Galicia que se celebrará o vindeiro 22 de setembro.

Para descarga-la ficha de inscripción preme aquí.

I ENCONTRO DE PINTORES NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
“LENZOS DE NATUREZA”
O Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia, organiza o primeiro encontro de pintores invitándovos a plasmar nos vosos lenzos toda a beleza que o Parque Nacional ofrece nos seus catro arquipélagos.
O obxectivo desta iniciativa é aumentar a sensibilidade da poboación cara aos espazos naturais a través da arte pictórica.
BASES
1. Data: Domingo 22 de setembro, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
2. Lugar de celebración: Cies , Ons, Sálvora e Cortegada.
3. Horario: Saída dos portos de Vigo, Bueu, Aguiño, e Carril ás 10:00H.
Inicio do certame ás 11:00H.
Reunión e entrega das obras ás 19:00H, finalizando cun pequeno coloquio entre os participantes para compartir experiencias, sensacións e aportar suxestións.
Regreso no barco ás 20:00H.
4. Participantes: Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, afeccionados e profesionais, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia, establecéndose o límite de idade mínimo nos 16 anos.
5. Prazas: O número de prazas será de 40.
10 para cada arquipélago.
6. Área de traballo: Tódolos lugares de acceso permitido ao público xeral dentro dos 4 arquipélagos.
7. Tema: “Lenzos de Natureza”.
Plasma toda a beleza do Parque Nacional no teu lenzo.
8. Técnica: o estilo e a técnica da obra serán libres.
9. Soporte: Presentarase un soporte liso, limpo (sen tratamento ningún) e ríxido (lenzo ou calquera outro material), pero en todo caso soportado por bastidor. – As medidas máximas do devandito soporte serán 120x 120 centímetros en calquera dos seus lados.
10. Materiais: Cada participante acudirá provisto do seu propio material (óleos, acrílicos, disolventes, vernices, pinceis, cabaletes, etc…). Os residuos recolleranse e serán entregados á organización para o seu correcto tratamento.
11. Tempo para a execución da obra: Os participantes dispoñen dende as 11:00H ata as 19:00H.
12. Inscrición: – A participación e a inscrición serán gratuítas. – O prazo de inscrición iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria, ata o día 20 de setembro (inclusive) por orde de chegada.
– A inscrición realizarase cubrindo un formulario que estará dispoñible no Centro de Visitantes do Parque Nacional (Edificio Cambón), Rúa da Palma, 4 (Casco Antiguo de Vigo), no Facebook: Cambón Illas Atlánticas.
Para máis información pode dirixirse o enderezo eléctrónico: guiasveran@gmail.com
– A presente convocatoria supón a aceptación das bases
13. Viaxe e xantar: O Parque Nacional proporcionará gratuitamente aos participantes billete de barco, comida e gorra para protexerse do sol.
14. Retirada das obras: As obras serán expostas durante un mes no Centro de Visitantes do Parque Nacional e posteriormente para a súa retirada será preciso identificarse mediante DNI.
O artista que o desexe poderá donar a sua obra ao museo do Parque Nacional.
15. Responsabilidade polo mantemento e conservación das obras: A entidade organizadora en ningún caso se responsabilizará da integridade e custodia das obras mentres permanezan no seu poder, nin subscribirá póliza de seguro algunha.

Anuncios