Etiquetas

, , , , , ,

BIOGRAFÍAS · ARTE BARBANZA · A COMARCA DO TALENTO

Xerardo Antonio Cobas Crusat (Ribeira, 1949).

FOTO MIA TALLER

Xerardo A. Cobas Crusat no seu taller. Foto do artista.

Xerardo Crusat é un referente da arte na comarca do Barbanza, un artista creativo onde os haxa. A súa arte caracterizase polo cambio constante, pola renovación en cada etapa que atravesa. É un artista apaixoado e sen estancamentos. A súa obra mais recente destaca pola proximidade ao land art, o arte da terra, e é quizais esta etapa unha das mais interesantes do artista, pero vamos a empezar polo principio…

Nos seus comezos, e moi paseniñamente a figura humana vaise a ir convertendo no eixo principal do seu traballo plástico pasando por unha serie de etapas onde traballa o corpo humano e creando obras de gran interese para con este tema.

A obra “Tres pés para o gato con botas”  pertence a unha serie de traballos baixo o epígrafe: DENTRO E FÓRA DO PLANO que comeza en 1981. Esta peza é un xogo de luces e sombras, un estudio do artista sobre os diferentes puntos de situación da fonte de luz, aportando múltiples vistas na figura. A poética desta imaxe lévanos a pensar no camiño, na andaina e no paso do tempo, uns pasos guían a outros ao compás do ritmo e do momento.

trespesparaogato

TRES PÉS PARA O GATO CON BOTAS(1981)-Xerardo Crusat-
Mixta s/papel. 45 x 55 cms.

De un xogo de luces tan intenso pasamos ós troqueis. Os troqueis son en sí mesmos unha abstracción sobre o espazo. Son unha colección de 10 obras seguidas de outras dúas series mais. A presente, representa unha situación de serenidade fronte as ideas de felicidade ou de soidade. Poderíamos dicir que “emoción” fronte a felicidade i “serenidade” fronte a soidade. A pesares de isto, é necesario dicir, que o feito de recortar as figuras significan por sí mesmo que a soidade está presente e que vaise manifestar máis ou menos intensamente segundo a primeira lectura da obra. Así unha muller preñada leva a vista do observador a este feito establecendo unha lectura/conversa de certa espera/esperanza, non se cando o elemento figura está só e vai reclamar a atención na mirada, por exemplo, entón o problema é emocionalmente máis intenso. Así mesmo, estas figuras incorporan o medio no que están a cada instalación. 

teresaconpol

Teresa con Pol (1984), Xerardo Crusat, Esmaltes s/ cartón. 120 x 150 cms.

Longas e variopintas son as etapas do artista co estudo do corpo humano, mais compre salientar que na súa andaina de descubrimentos encontrarase con importantes achados plásticos que lle serviran para reencontrarse na etapa actual co espazo-tempo e a forma. Vexamos algúns dos pasos que o levan a experimentación con materiais. “Danos colaterais” pois, é unha de esas obras que nos permite facer premonicións futuras sobre o camiño que tomará o arte de Crusat…

fosiles

Fosiles recientes-Danos Colaterais (2001), Xerardo Crusat,
Mixta s/ cartón. 60 x 130 cms.

“Danos Colaterais” é unha considerada construcción. Esta obra pragmatiza cos materiais: maleabilidade  e  posibilidade de incisión, características de peso, volume e receptibilidade a calquera pigmentación. Por construción está considerada como unha “DOLORES” e polo seu pensamento resulta ser unha “DOLORES”.

A figura sobresae do soporte querendo acercarse a terceira dimensión. A súa cor pálidamente branca representa unha figura doente mais do outro mundo que de este. Acercase a ser unha figura etérea, conseguida a base de materia, que cobra importancia, na composición sublime da peza.

naturezas

MN 5/6 (2006), Xerardo Crusat,
Mixta s/ táboa. 96 x 100 cms.

As experimentacións do artista no ano 2006 afástano do estudo humano. A presente obra que realiza é un cara a cara coa materia e cos seus resultados sorprendentes en forma e en espazo.

As MN 5 e MN 6 son concepcións verticais da paisaxe, a paisaxe do chan. O elemento xeométrico “cadrado” ou “rectangular” ten a representación da terra e as partes brancas indican na súa cor o elemento pasado ou a memoria; ven sendo a representación da memoria da paisaxe a través do recoñecemento dos eidos naturais polos que o home deambula decotío representado aquí polo tapiz dun pinal. Incluso as medidas do formato, expresan a formulación métrica do simbolismo.

Estas dúas pezas son o comezo do artista no land art, ese arte que nos acerca a liberdade de creación no medio no que vivimos, e que debera experimentar calquer creador nalgunha das súas etapas creativas. O arte da construción da paisaxe, obras expostas ao exterior, expostas e sometidas os elementos naturais: vento, choiva, erosión… unha volta o principio, ó paso do tempo.

Un arte público xerado a partires do lugar, que algunhas veces parece un cruce entre escultura e arquitectura. Unha chamada do arte á natureza envolven a Crusat a traballar agora neste prodixioso medio.

Sen moitos mais remilgos, esperamos ver pronto estes novos achados creativos do artista…

Saúde.

Ribeira 2013.

Anuncios