Etiquetas

, , , , ,

“Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe” é o título do obradoiro creativo que impartirá Chiara Bertin.

Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición  ou enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.es co asunto “obradoiro de Chiara Bertin”.

Ademais, antes do obradoiro, entre as 17.10 e 18.00 horas, Chiara Bertin manterá unha conversa co alumnado do Instituto arredor da creación contemporánea e as diferentes prácticas artísticas. Esta conversa está aberta a todas aquelas persoas interesadas sen previa inscrición.

A actividade está organizada por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo.

 

chiarabertin

Anuncios