Etiquetas

, , , , , ,

apaisaxecartel

Dende o 9 de Abril o Centro Social de Cabo de Cruz acolle a exposición A paisaxe encontrada, unha  colectiva de Inés Parada (1993, Ribeira), Pili Sampedro (1987, Porto do Son) e Loli Regueira (1987, Ribeira).

A mostra pictórica recolle obras de carácter abstracto baseadas na paisaxe. Como explica Pili Sampedro, estas pezas constrúen a interrelación existente entre os elementos que conforman o cadro: a cor, a liña, o material, o formato ou o entorno en retratos introspectivos que mostran o estado anímico do autor en relación co espazo no que se desenvolve a súa experiencia vivencial materializándose en formas dun tratamento controlado, similar á escritura automática. Pezas convertidas nunha abstracción dos elementos esenciais, que se envolven e acarician xogando coa materia, no caso das pezas de Inés Parada, inspiradas nas estacións. Como un conxunto de “achados creativos” define Loli Regueira esta mostra; a pintura como creación de novas e persoais paisaxes de un mundo particular que nos acercan a encontrar un lugar propio produto da espontaneidade do maxín.

A mostra nos achega a actividade artística mais pura e procesual vivida no taller do artista, lugar onde se pensa e traballa, e onde se da ese instante de falar con un mesmo.

Anuncios