Etiquetas

, ,

Exposición de ilustración” Rosalía ilustrada” (Xaquín Marín, Xosé Cobas, Fran Jaraba, Nacho Hortas, Ánxeles Ferrer, Suso Cubeiro, María Fe Quesada, Manuel Uxía, Miguel Anxo Prado, Pepe Carreiro, Xan López Domínguez) presentada por Ana Blanco Gómez, membro da Fundación Rosalía de Castro o luns 4 de marzo ás 19.00h na Casa de Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia. Do 4 ao 20 de marzo de 2013.

O programa de actos inclúe un breve recital poético que conta coas voces dos alumnos e alumnas do IES “Virxe do Mar” de Noia.

A Exposición, que é da Fundación Rosalía de Castro, está organizada pola mesma e pola Dirección do IES “Virxe do Mar” e conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Noia.

ENTRADA LIBRE

Anuncios