Etiquetas

, , ,

¿Qué é a performance?

Quizais sexa conveniente comezar dicindo que non é a performance.

En primeiro lugar, non é un happening.

Non ten por que estar inscrita nun espazo urbán, e mellora canto máis sinxelos son os elementos que a conforman.

esther_ferrer

Esther Ferrer, a utopía e a performance.

En segundo lugar, non é body-art.

Pode traballar sobre o propio corpo, pero non é indispensable que o faga.

En terceiro lugar, non se basea nos criterios de Fluxus.

Os ideais de John Cage ou George Maciunas sementaron un terreo propicio para a difusión da performance, pero esta non ten por que achegarse ao cotián nin estar en contra das convencións.

¿Que é a performance?

A performance é liberdade. Só precisa dun alma libre querendo crear.

Pode ser improvisada, ou ter un guión establecido. Pode contar coa participación do público, ou desenvolverse independientemente a este. Pode empregar recursos da arte tradicional (son, imaxes, obxetos…), incorporar outros que sexan alleos a el ou traballar só coa presenza do propio artista. É realizable en calquera tipo de espazo, e a súa duración é variable (minutos, horas, días, meses, anos…). O seu canal de transmisión adoita ser o vídeo, pero tamén pode rexistrarse mediante fotografías, ou non rexistrarse en absoluto.

joseph_beuys-2

Joseph Beuys, Coyote, 1974

Joseph Beuys rompeu esquemas completamente cando se paseou pola Galerie Schmela de Düsseldorf cunha lebre morta en brazos e comezou a explicarlle os seus cadros. Quizais fixo falta a presenza dunha figura liberada dos prexuizos sociais da época como este revolucionario artista alemán para que os círculos da arte comezaran a aceptar o carácter artístico desta incipiente disciplina.

En España, o movemento Zaj, La Muga Caula, Los Torreznos, Nieves Correa, Esther Ferrer, María A.A. ou Bartolomé Ferrando son considerados os artistas de performance mais emblemáticos. A nivel galego, podemos desfrutar de performance en directo de artistas na sala “Chámalle X” da Facultade de Pontevedra.

salaxpontevedra

Un momento de performance, na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Por Saraiba

Anuncios