Etiquetas

,

Unha das exitosas mostras de esta tempada é a exposición do artista Alex Vázquez Palacios na Galería Sargadelos Barbanza de Boiro. A mostra esta exposta en horario comercial dende o 1 de febreiro ata o 31 de marzo de 2013.

Alex Vázquez Palacios (Vigo, 1946) nace no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego. Nomes imprescindibles no seu ámbito familiar son o do seu pai, Isidro Vázquez Palacios, pioneiro da actividade creativa a nivel publicitario dentro de Galicia, e o do seu tío-avó, Antonio Palacios Ramilo, afamado arquitecto porriñés, que sen dúbida estimularon en Álex a profunda vocación artística que marcou toda a súa traxectoria profesional.

Pazo da Oca-Paseo de lostilos.Acrilico sobre lenzo, 80x80 cm.

Pazo da Oca-Paseo de lostilos.Acrilico sobre lenzo, 80×80 cm.

Alex Vázquez vai trazando o seu percorrido pictórico partindo do realismo dos seus comezos e queimando distintas etapas en que abrangue todos os temas: Figura, retrato, mariñas, paisaxe urbana (é moi característica o seu orixinal etapa monotemática de balcóns). Na actualidade, sen abandonar a figuración, a súa pintura achégase a un peculiar informalismo, no que a súa preocupación pola luz, a cor, o movemiento…son as súas notas esenciais.

Santa Cruz de Ribadulla.Acrílico sobre lenzo, 80x80 cm.

Santa Cruz de Ribadulla.Acrílico sobre lenzo, 80×80 cm.

Conta cunha ampla traxectoria expositiva en moi distintas galerías e centros culturais de España, que o converten nun dos nomes indispensables dentro da pintura galega actual. Os cadros de Álex tamén son coñecidos a nivel europeo, sendo as súas coleccións eventualmente expostas en países como Portugal, Alemaña e Bélxica.

Fonte: http://www.sargadelos.com/

Anuncios