Etiquetas

, ,

BIOGRAFÍAS · ARTE BARBANZA · A COMARCA DO TALENTO

Delio Sánchez (Santiago de Compostela, 1968)

deliosanchezfoto

Delio Sánchez Lojo, artista.

Delio Sánchez naceu en Santiago de Compostela no ano 1968, aínda que viviu dende neno en Noia. Actualmente reside en Lestedo, Boqueixón.

delisanchez1

Peixe vermello, óleo sobre lenzo.

Sentíndose pois Noiés, xa de rapaz saia a pintar ás rúas e praias desta Vila Medieval. Pintor autodidacta, iniciou a sua carreira artística profesionalmente en Madrid, cidade donde residiu máis dunha decena de anos.

De volta á sua terra, decide cursar estudos superiores na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde se titula como Técnico Superior en Artes Plásticas aplicadas á Escultura.

deliosanchez5

Inmigrantes africanos, ferro.

Afincado en Lestedo, combina a pintura, dentro dun estilo expresionista onde o colorismo e a materia están patentes, ca escultura en granitos galegos, mármores e principalmente ferro, material co este creador se sinte máis cómodo.

deliosanchez2

John Coltrane, óleo sobre lenzo.

Cabe destacar a influencia do Jazz na obra de este artista, tanto en pintura como en escultura. Autor da portada para o disco “Open doors“ do prestixioso pianista de jazz, Abe Rábade, pintura para o album ” Live in Santiago ” do recoñecido baterista americano Bill Goodwin e Action Paintings nos Ciclos de Jazz 1906 de Estrella Galicia ( 2008 a 2012 ), así como exposicións habituais no Club de Jazz Dado Dadá de Santiago, son algunhas das suas intervencións máis importantes neste eido.

deliosanchez3

Broad channel I, óleo sobre lenzo.

Asímesmo as paixases de Galicia están tamén presentes na súa obra, as augas da sua terra e ademáis  outras inspiracións, como a grande urbe de Nova York, onde pasa temporadas no seu estudio en Rockaway Beach ( NY ).

deliosanchez4

Na Ribeira do Ulla, óleo sobre papel.

Exposicións en Madrid, Alcalá de Henares, Noia, Lugo, Vedra, Verín, León, A Coruña, Salvaterra do Miño, entre outras…. e as de Portugal, en Góis, Coimbra, Figueira da Foz, Cantanhede, ou Sao Joao de Madeira, e ao outro lado no charco exposicións en Nova York.

Entre as exposicións colectivas e individuais deste artista cabe destacar:

2002. Violetas desnudos. Arcos Galería, Sala Amsterdam e Continental café. Alcalá de Henares

2007. I Salao Internacional de Artes Plasticas. Sao Joao de Madeira. Portugal

2007. As cores do jazz. Salao brazil, Coimbra. Jazz taberna do Nelson, Porto ( Portugal ) e Dado Dadá jazz Club en Santiago de Compostela.​

2012. Salao internacional de primavera. Galeria Vieira Portuense. Porto. Portugal.

2012. Cruzando charcos. Casa Galicia New York

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios