Etiquetas

, , ,

   A obra que nestes días amosa o Liceo de Noia, ben se pode cualificar de excelente. E unha obra repleta de orixinalidade, no eido creativo, estético e textural. A moitos pareceralle raro o concepto textural da obra de Teira.
Manuel di que a súa obra ten un forte sentimento erótico; pero esta deriva, no chega a ser obscena, vulgar e menos ordinaria.
E unha obra elegante digna de colgar en calquera ambiente sen agredir, irreverenciar nin intuír grotescas sensacións.

teiraosegredo

Na mostra que desde Decembro se amosa no Liceo de Noia.

Teira consegue a artística alquimia de facer que a materia fría da pedra, aceiro ou mármore, se converta en agradable imaxe ateigada de suaves e harmoniosos movementos logrando que as blondas e moldeadas formas, color e textura, despidan a modo de cuántica brisa, mornos reflexos de luz, suavidade e confort.

Merece a pena recrear a vista.

Por Barallocas