Un adeus a este blogue

Queridos amigos artistas, amantes do arte e interesados:

Debido a falta de apoio económico para a continuación de este proxecto de blogue, vexome na obriga de minguar a actividade difusoria que estaba levando a cabo. Nembargantes, continuaremos, na medida do posible,coa difusión a través da páxina de facebook: Arte Barbanza en fb

Asi mesmo o dominio artebarbanza.com deixara de existir, pero sempre poderedes volver a entrar a este blog a través do link https://artebarbanza.wordpress.com

¡Grazas por seguirnos durante estes 5 anos!

“O mundo máxico de Antón” do neno Antón Romero Piñeiro, Noia

Etiquetas

, , , , , , ,

O vindeiro venres 1 de xullo ás 20:30h na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramacos terá lugar a inauguración da exposición de pintura “O mundo máxico de Antón” do neno Antón Romero Piñeiro.

A exposición estará na Casa da Cultura de Noia do 1 ao 15 de xullo.
Anton_Noia (1)

Boiro aumenta a oferta cultural coa creación de República Creativa e Unión de Muchachas Activistas Culturais

Etiquetas

, , , , , , , , , , , ,

A fama de Boiro en apoio o panorama cultural barbanzá aumenta cos anos. Dende fai moito tempo dende o Centro Social de Boiro xurdiron moreas de ideas para poñer a funcionar este tecido cultural e social co que se conta hoxe en día. A denominada “Rúa da arte” xa conta con un novo espazo independente ‪#‎Principal97‬ dende a sua inauguración o día 28 de Maio. Tratase da Unión de Muchachas Activistas Culturais e República Creativa, un novo medio de comunicación ,unha comunidade, unha república, empresas, asociacións, colectivos e persoas que desenvolven proxectos sustentados na creatividade.

Podes seguir todas as actividades de Unión de Muchachas Activistas Culturais e República Creativa en facebook ou República Creativa web e Unión de Muchachas Activistas Culturais

principal97

republilca97-2

republilca97-1

republicacreativa-3